Co gallo do Día do Libro e como homenaxe a Miguel de Cervantes, o 27 de abril a actriz RAQUEL QUEIZÁS conseguiu deleitar aos rapaces de 1º, 2º, 3º e 4º de E. Primaria, interpretando «Dulcinea ten moito que contar»
Foi unha actividade educativa e, ao tempo, moi divertida.
A actriz tratou de representar algunhas das escenas de «Don Quixote» facendo participar en todo momento ao público con acenos, bailes… e arrincarlle algunha que outra gargallada, tal e como se comproba nas fotografías.
A interacción foi total.
Grazas, Raquel!