Para festexar o Día da Biblioteca, este 24 de outubro fixemos no colexio unha serie de actividades dedicadas a dar a coñecer este espazo e poder dinamizalo.
Aos cursos de 1º,2º,3º, 4º de EP e os alumnos de E Infantil ofrecéuselles unha introducción á vida de Hans Cristian Andersen sinalándolles os seus contos máis coñecidos como A Sereniña, O Soldadiño de Chumbo, O Patiño Feo ou A Raíña das Neves (Frozen).
O motivo foi poder conmemorar o 210 aniversario do seu nacemento. Hans Cristian Andersen é nado en Odense (Dinamarca) no 1805, fillo dun zapateiro e dunha lavandeira vivirá na pobreza durante a súa infancia, situación reforzada pola morte do seu pai cando non tiña máis que 11 anos, por esta razón ten que deixar os estudos, comezando a traballar para poder manter a súa familia.
Pero Andersen tiña claro o seu gusto pola lectura e a súa imaxinación era ben coñecida por todos aqueles que o trataran. O rei Federico VI e o director teatral Jonas Collin, vendo o talento de Andersen para a literatura, deciden pagarlle os seus estudos.
Comezará a escribir contos infantís, sendo a súa primeira obra neste xénero: “ Contos para contar ós nenos” e a máis importante “ Contos novos”, obra da cal saen moitos dos libros citados ao comezo desta entrada.
A continuación de falar de Andersen, fixemos a representación do conto “ A princesa e o chícharo”, obra na que Andersen presenta a historia dun príncipe que non encontraba princesa por considerar que non existía muller tan delicada como unha princesa debía ser, sen embargo, un día na porta da súa casa presentouse unha moza que reunía tódalas virtudes que o príncipe desexaba, rematando o conto coa voda entre ámbolos dous.