O alumnado de 4º ESO acudiu á Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns para ver o espectáculo das poetas Lucía Aldao e María Lado: “Epístola de Aldaolado ás neofalantes”.
Foi unha actividade diferente e única, na que se uniu o recitado coa música e á vez, en ocasións, desde a anécdota amosaban a realidade da nosa lingua.
Resultou unha fermosa maneira de celebrar o Día da Poesía. Parabéns! ás poetas pola súa implicación, humor e unha boa dose de agarimo á lingua galega.
A actividade foi promovida polo SNL do Concello de Betanzos. Este espectáculo está dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña.