Entrega de premios

O último día de clase, venres 23 de xuño, tivo lugar a entrega de agasallos aos alumnos gañadores da campaña promovida polo EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do colexio. Esta campaña tiña como obxectivo dinamizar o uso da nosa lingua entre o alumnado do noso centro.

Convocáronse dúas modalidades:

Concurso de debuxo Que é a lingua para ti?, para E. Infantil e 1º 2º E. Primaria, resultando gañadora CANDELA MENÉNDEZ GONZÁLEZ

de E. Infantil 5 anos quen recibiu como agasallo un exemplar de CONTÍN CONTÓN de A. Cortizas.

20170623_091554

Concurso Crea un lema publicitario, para alumnos dende 3º E. Primaria a 2º Bacharelato, resultando gañador ROI PÉREZ VÁZQUEZ

de 2º ESO quen recibíu un exemplar de A LENDA DE SALLY JONES de J. Wegelius.

DSC_0262        
  O lema gañador utilizarase para rotular unha serie de bolígrafos, que serán entregados en setembro aos lectores participantes do premio Frei Martín Sarmiento da pasada edición.

978849264414      9788415920953

Dúas estupendas lecturas para iniciar este recén estreado verán.

PARABÉNS AOS GAÑADORES !!!