O alumnado de 4º de ESO acudiu ao fermoso espectáculo das poetas María Lado e Lucía Aldao. Nunha áxil e atractiva mestura, na que ían sucedéndose as verbas e a música, foron amosando as súas inquedanzas sobre a situación da lingua galega.
Un espectáculo cheo de humor, ironía, interactuación co público e ante todo, compromiso para celebrar o Día da Poesía. Parabéns a Aldaolado e ao SNL do Concello de Betanzos.



