Convocado polo Dpto. de Xeografía da USC e a Asociación de Xeógrafos Españoles (AGE) un grupiño de alumnos de 1º e 2º ESO participaron no concurso «Explica Xeografía coas túas fotos», do que aínda estamos á espera de fallo. Ademais da fotografía, cada alumno tiña que aportar unha descrición pormenorizada do lugar e dos elementos naturais que aparecían nela.
Aínda que as fotografías presentadas non resulten gañadoras, agradecemos aos participantes a súa motivación e esforzo pois, cámara en man, percorreron a xeografía galega e deixaron pegada da beleza da nosa paisaxe natural.
Un ben a preservar para o noso disfrute… e o de futuras xeracións.
PARABÉNS POR ESTES MAGNÍFICOS TRABALLOS!