Faladoiro de MANUEL RIVAS

O escritor visitou o centro o 15 de abril para intercambiar impresións co alumnado de 3º, 4º ESO e Bacharelato.

O faladoiro xirou arredor de dúas das súas novelas:  «Madonna e outros contos de inverno» e «As voces baixas».

 

Manuel Rivas deulle moita importancia á experiencia da memoria, definida como proceso vivo que debemos procurar, aínda que doa. Para el, a literatura mestura memoria e imaxinación.

En «As voces baixas» tratou o tema do «primeiro medo» agochado na primeira infancia, que se pode vencer grazas á literatura.

Os alumnos participaron activamente con variadas cuestións sobre a elección da temática, personaxes, ambientación… e tamén lle preguntaron o seu parecer sobre as adaptacións cinematográficas dalgunhas das súas creacións.

Ao remate, asinou pacientemente cada un dos numerosos exemplares, con ilustración incluída.

IMG_0922

IMG_0927

 

IMG_0932

IMG_0950      IMG_0935

 

 

 

IMG_0939

IMG_0956

IMG_0947

IMG_0955

IMG_0958

A rapazada non perdeu oportunidade de inmortalizar o encontro.

Hoxe sentímonos especialmente honrados por ter acollido a quen, probablemente, sexa o escritor galego contemporáneo máis recoñecido, non só en Galicia, senón tamén a nivel nacional e internacional.

Grazas por compartir connosco as túas inquedanzas e… agardamos que sigas a deleitarnos coa túa escrita!