Onte tivo lugar o faladoiro de Vicente Feijoo, responsable de onomástica e toponimia da RAG no que participou o alumnado de 3º ESO e Bacharelato.
O relator deu a coñecer a enorme riqueza toponímica de Galicia resaltando a importancia da súa conservación como patrimonio inmaterial, avalada pola UNESCO.
O relator convidou aos alumnos, e tamén ás súas familias, a formar parte activa da recompilación de microtoponimia local a través dun proxecto na rede con interesantes aplicacións.