A escritora compartiu a mañá co alumnado de 3º e 4º de ESO, conversando sobre o seu libro Memoria do silencio, descubrindo como soubo da existencia das irmás Touza e as razóns que a levaron a escribir sobre elas.
Nos anos 40, na Ribadavia da posguerra, as irmás Touza salváronlle a vida a cincocentos xudeus que escapaban da Alemaña nazi, elas sempre agocharon o segredo que empezou no seu quiosco da estación de tren.
Eva Mejuto dálle vida a unha gran proeza que non debemos esquecer, mais na semana en que se conmemora o 75 aniversario da liberación de Auschwitz e a celebración do Día da Paz.
Parabéns, Eva.