FESTA DA LINGUA

O día 4 de maio tivo lugar a Festa da Lingua para ESO e Bac no auditorio do Colexio La Salle, en Compostela.

A benvida estivo a cargo de Xosé Francisco Reboiras, representante de Escolas Católicas-Galicia, e por Charo Baleirón, responsable da área de dinamización lingüística.

IMG-20160504-WA0005

IMG_2284

IMG_2286

IMG_2289

IMG_2310

O actor ourensán Rubén Riós presentou en primicia o seu último traballo: unha curtametraxe títtulada «Vida», que el mesmo dirixiu. Unha estupenda maneira para achegarmos ao novo audiovisual galego comprometido. O artista ourensán transmitíu á rapazada asistente a importancia que ten recibir unha formación integral. Incidiu no valor da perseverancia para conseguir os soños, por moitos atrancos que haxa no camiño. Un dos momentos máis emocionantes foi cando Rubén Riós reclamou no escenario a unha das actrices da curtametraxe, Alicia, quen compartiu a súa experiencia cinematográfica e acabou meténdose no peto aos asistentes coa súa naturalidade e simpatía, todo un exemplo de superación.

IMG_2302

Rubén Riós, director de «Vida», acompañado por Alicia.

IMG_20160504_101343

Posando con Rubén Riós

A continuación tivo lugar o faladoiro de Silvestre Gómez Xurxo , autor de «De cristal», unha das novelas seleccionadas para a 5ª categoría do premio Frei Martín Sarmiento deste ano. O escritor deixou claro que que os temas de ciencia-ficción ou de terror non eran motivo de inspiración literaria para a súa escrita.

IMG_2308

O escritor Silvestre Gómez, presentado por Charo Baleirón

Para rematar as actividades da mañá, Fran Amil presentou o seu útlimo traballo, «A voz do vento» no que pon música (rock, funk, folk e blues) a once poemas de Manuel María.  Moi recomendable!

IMG_2315

Fran Amil e un dos compoñentes da súa banda interpretando «A voz do vento»

Dende Compostela, o autobús partiu cara a Outeiro de Rei (Lugo) que nos recibía con 30º de temperatura.

bus2  bus

Ao chegar, a rapazada disfrutou dun merecido xantar fluvial na marabillosa paraxe natural de Santa Sabela, a carón do Miño, lugar que tanto quixo Manuel María, o escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

IMG_2320 IMG_2326  IMG_2325

IMG_2327 IMG_2328 IMG_2330

IMG_2331 IMG_2332 IMG_2334

Logo do xantar, Fran Rey, responsable da Casa-Museo, amosou as estancias e os obxectos persoais que formaron parte da vida cotiá do escritor, moitos deles procedentes das diferentes localidades nas que viviu.

IMG_2352 IMG_2346 IMG_2353 IMG_2358 IMG_2360 IMG_2359

IMG_2364 IMG_2362 IMG_2365

Especialmente impresionante foi comprobar a biblioteca persoal do escritor. Unha das curiosidades que chamou a atención dos rapaces foi a súa particular colección de navallas. Nas vitrinas da exposición da súa obra, figuraba unha edición que contiña algunhas das panxoliñas que 3º ESO interpretou no pasado Nadal.

IMG_2369

IMG_2370 IMG_2371

 

IMG-20160504-WA0003

IMG-20160504-WA0001

IMG-20160504-WA0004

IMG_2343

Dende a súa querida Casa de Hortas quedou patente a vinculación de Manuel María coa Terra Cha en particular, e coa cultura galega, en xeral.

Outra Festa da Lingua para lembrar!