Festa da Lingua da ESO

Este ano celebrámola na vila de Ourense, o 29 de abril.

Comezamos no Auditorio no que se xuntou rapazada procedente doutros centros educativos de FEREGA-Escolas Católicas. Por parte do noso centro, asistimos alumnos de tódolos cursos da ESO.

  IMG_9453    IMG_9452

 

Dentro, asistimos á actuación do magnífico monologuista Cándido Pazó, ocorrente coma sempre e moi aclamado polo público.

IMG_9425  IMG_9433   IMG_9431

 

A continuación, o músico ourensán Emilio Rúa interpretou animadas pezas, que foron coreadas polos asistentes.

IMG_9434   IMG_9443    IMG_9444

 

Logo das actuacións e acompañados dun guía, realizamos un interesante roteiro polo casco vello, visitando a estatua adicada ao Padre Feijoo, as casas onde viviron os escritores Vicente Risco, Otero Pedrayo e Blanco Amor

IMG_9475       IMG_9467        IMG_9463

Deunos tempo de ver a catedral, a igrexa de Santa Eufemia, a praza do Trigo, a do Concello, o pazo do Bispado

IMG_9458   IMG_9486   IMG_9501

Rematamos a visita nas termas romanas

IMG_9519   IMG_9515   IMG_9512

«probando» as augas curativas das Burgas

IMG_9538   IMG_9532    IMG_9540

 

O tempo acompañou e xantamos no Parque de San Lázaro, disfrutando de dúas horas de descanso e convivencia nunha fermosa cidade

IMG_9545Houbo quen tivo tempo para ir de compras… Ourense ten de todo!

Unha edición máis, a Festa da Lingua resultou unha actividade que mesturou aprendizaxe, lecer e… boas sensacións!