Como recompensa á lectura das obras seleccionadas para o Premio Frei Martín Sarmiento 2017, organizado por Escolas Católicas, o 28 de abril a ESO desprazámonos a Compostela.
Visitamos o interesante Museo do Pobo Galego, memoria etnográfica de Galicia, e rendemos homenaxe aos persoeiros soterrados no Panteón de Galegos Ilustres.
Fixemos camiñata polo precioso parque de Bonaval e dirixímonos ao Mercado Municipal, recentemente remozado, que a esa hora da mañá ofrecía todo tipo de produtos apetecibles para calquera gourmet.
Proseguimos roteiro pola cidade monumental e rematamos na Praza do Obradoiro, chea de turistas.
O tempo acompañou en todo momento, polo que decidimos xantar na Alameda á sombra dos carballos e a carón da escultura de Valle-Inclán.
Para rematar dispuxemos de tempo libre repartíndonos en grupos polas rúas, para mercar, facer fotos, tomar algunha que outra lambetada…
Unha Festa da Lingua inesquecible!