En dúas sesións, os alumnos de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial de 4º ESO achegáronse a temas de economía básica grazas ao curso do programa “Finanzas para mortais” impartido por Mª José Barbeito Sánchez e Elena Pérez Devesa, traballadoras do Banco Santander de Betanzos.
Partindo sempre de supostos prácticos, plantexáronse cuestións relativas á posta en marcha dunha idea de negocio. Os alumnos tamén afianzaron conceptos de consumo intelixente, programación e xestión dun presuposto, aforro e investimento ou diferenzas entre crédito e préstamo.