Os alumnos de 1º ESO realizaron un traballo de investigación histórica a partires da fotografía dun antergo. Contando coa colaboración das familias, recompilaron todo tipo de datos para identificar época, lugar, moda, festas, profesións, costumes….
Deste xeito, reconstruíron o pasado e puxeron en valor o legado dos seus antergos.
A modo de exposición, aquí se amosan algunhas das interesantes e preciosas fotografías que serviron de fonte para este traballo.