II Concurso de relatos curtos e carteis gráficos

“Loita contra a violencia de xénero»

O Concello de Negreira convoca o VII Concurso de relatos curtos e carteis gráficos “Loita contra a violencia de xénero » co fin de sensibilizar á  poboación sobre esta lacra social. Poderán participar tódalas persoas menores de 18 anos.
Os traballos presentados deberán ser entregados no Centro de Información á Muller no Concello de Negreira, nun sobre pechado. Deberá constar un número de teléfono de contacto e en ningún caso deberá aparecer o nome da persoa participante. A identificación da  persoa levarase a cabo mediante o uso dun pseudónimo.
O concurso constará de dúas modalidades: relato curto e cartel gráfico. A temática a que deben axustarse os traballos é a Loita contra a Violencia de Xénero en tódalas súas manifestacións: física, psicolóxica, sexual, económica, estructural… así como os efectos e consecuencias da mesma en tódalas persoas que a sofren.
O prazo para a presentación dos traballos estará aberto ata o 20 de novembro de 2017.
                                           PREMIOS:
-Premio ó mellor relato curto: vale regalo por importe de 100 Euros a utilizar nunha tenda da vila.
-Premio ó mellor cartel gráfico: vale regalo por importe de 100 Euros a utilizar nunha tenda da vila.

http://www.concellodenegreira.gal/index.php/gl/novas/nova/1050-vii-concurso-loita-contra-a-violencia-de-xenero