Maiores e cativos conmemoramos as Letras Galegas homenaxeando a Xosé Filgueira Valverde.
ACTIVIDADES en ESO E BAC
O 8 e 11 de maio 4º ESO e 1º Bacharelato, en colaboración co Concello, participamos nun obradoiro radiofónico e asistimos á proxección do documental «Contextualizando a Filgueira Valverde», de Gonzalo Veloso, que nos serviron para coñecer a biografía, a obra e a traxectoria do politólogo impulsor, entre outros, do Seminario de Estudos Galegos e do Museo de Pontevedra, o cal tivemos a sorte de visitar hai dous cursos cando acudimos aló á Festa a Lingua.
No obradoiro de radio vemos a implicación dos alumnos na actividade, baixo a dirección de Sergio Pascual e Lucía Abarrategui
Un bo traballo de equipo!
Premede aquí para escoitar os relatorios deste obradoiro radiofónico:
http://letrasgalegas2015.blogspot.com.es/p/as-letras-en-atocha.html
ACTIVIDADES en E. INFANTIL
Os cativos tamén coñecimos a Xosé Filgueira Valverde porque as nosas profes nos contaron onde nacera, como foi de cativo, a que adicou de maior e por que se lle adican as Letras este ano. Ao longo duns días, escoitamos contos e cancións.
Aqui se nos pode ver atentisimos
Foi moi divertido darlle cores á silueta do profesor pontevedrés! Cada quen botou a voar a súa imaxinación.
Logo, no corredor, colocamos unha exposición cos debuxos.
A que quedou chula?
LETRAS GALEGAS EN E. PRIMARIA
Luns 18, 5º E 6º de E. Primaria asistiron ao obradoiro «Galicia, país das letras», da compañía Xandobela.
Rematamos as actividades cunha mostra de cartelas realizadas por alumnos de EP e 1º ESO en homenaxe a Xosé Filgueira Valverde