O pasado 13 de novembro celebramos o tradicional magosto.
Para a súa organización contamos tamén coa colaboración de antigos alumnos, dúas nais, un avó, a ANPA e un particular que cedeu de balde outro asador.
A xornada comezou con madrugón, coma sempre, para poñer en funcionamento o «combustible» e ter a tempo as castañas. A mañá transcorreu soleada e non fixo frío ningún.
Contamos co luxo de gozar de música en vivo, a cargo de dous gaiteiros e dúas pandereteiras, alumnos de 6ª EP, quen interpretaron marabillosamente pezas tracionais
pezas que arrincaron algún que outro baile e animaron a festa!
Así as castañas aínda estiveron máis saborosas, mmm!
Días atrás, para preparar o magosto, EP e ESO realizaron fermosas cartelas como estas para decorar o vestíbulo e mailos corredores.
Incluso algúns da ESO se atreveron coa composición poética sobre a festa.
E.Infantil tamén debuxaron o magosto sobre o conto «A castañeira despistada». Uns artistas!
O magosto foi un traballo de equipo: dentar castañas, facer cucuruchos, colocar mesas, traer leña, carbón, organizar a limpeza…
mais pagou a pena pola satisfacción das caras de pequerrechos e maiores
Disto se trataba, de compartir a froita de outono e… PASALO MOI BEN!