Unha vez máis o Magosto foi unha festa para todos/-as, aínda que o tempo este ano non axudou, a colaboración foi esencial e saímos adiante. Por iso, desde o EDLG, queremos agradecer a toda a comunidade educativa o traballo realizado, en especial dos avós, mamás e papás, antigos alumnos, alumnos/-as e profesorado que axudaron ao longo da semana e sobre todo esta mañá.
Damos as grazas á ANPA pola súa colaboración, por botarnos sempre unha man.
Parabéns!