Raquel Queizás achegou ao alumnado de E. Infantil 5 anos, 2º e 4º EP a figura de Frascisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas.
Os nenos e nenas amosáronse moi participativos, sendo constante a interacción nunha representación lúdica e moi atractiva na posta en escena.
A actividade foi proposta polo SNL do Concello de Betanzos e coordinada no centro polo EDLG.




