A poeta Dores Tembrás invitou ao alumnado de 3º de ESO a reflexionar sobre a poesía, sobre a palabra e a busca de temas, animándoos a participar nos concursos de creación literaria do Concello de Betanzos. No obradoiro, léronse poemas de Lois Pereiro e David González, resultando unha actividade motivadora e enriquecedora.
Parabéns! do EDLG a Dores Tembrás e ao SNL do Concello de Betanzos.





