E por fin chegou o día 12 de Decembro, no que os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria participan nun Pleno Infantil organizado polo concello de Betanzos.
A función de alcaldesa desempeñouna Inés Martínez Iglesias, e os concelleiros e concelleiras foron Pablo Pena Mosquera, Roi Pérez Vázquez e Carlota Vázquez Ocampo.
As súas tres propostas foron aprobadas por maioría.
Parabén a todos!!