Hoxe, os alumnos e alumnas de 6° EP participaron no pleno infantil, que cada ano organiza o Concello de Betanzos
A alcaldesa, Maria Barral, e parte da súa corporación de goberno, escoitaron con atención as propostas dos dous colexios de Betanzos.
Paula, Pelayo, Celia e Carlota foron os concelleiros infantís deste ano por parte do noso centro. Explicaron e argumentaron as súas propostas de forma exemplar. Parabéns!








