Os alumnos de 6º EP: Marcos, Sofía, Roque e Noelia en representación do curso-clase levan ao pleno as seguintes propostas:
– Seguridade e integridade física dos nenos
– Dereito á integración dos nenos
– Seguridade dos nenos
Nun acto transcendente que ten como obxectivo darlles voz para ser escoitados polas institucións públicas a efectos de que poidan mellorar as condicións de vida da infancia, porque como sinala UNICEF, non hai causa que mereza máis alta prioridade que a protección e desenvolvemento dos nenos, de quen depende a supervivencia, a estabilidade e o progreso de todas as nacións e, de feito, da civilización humana.
En definitiva, queremos agradecer a posibilidade que nos brindaron de exercer o dereito dos nenos a facerse oir e grazas por escoitalos.