O alumnado de 1º e 2º de ESO disfrutou dun faladoiro sobre a homenaxeada das Letras Galegas, Luísa Villalta. Carlos Taboada e Quique Mauricio incidiron na palabra e na música como referentes fundamentais da súa obra poética, afondando na súa aportación no eido político, social e medioambiental.
Para rematar, o ilustrador animou ao alumnado a facer unha caricatura da autora.
Parabéns a Polo Correo do vento e ao SNL do Concello de Betanzos!