O alumnado de E. Infantil e E. Primaria participou no IV Concurso de cartas aos Reis Magos promovido polo SNL do Concello de Betanzos, coas súas cartas aos Reis ao longo do mes de decembro.
A entrega de premios fixérona os propios Reis Magos o día 5 de xaneiro na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns. Parabéns ao alumnado participante e aos premiados:
E. Infantil: 1.º Premio Pablo Díaz Mariño (5.º EI)
E. Primaria (1.º e 2.º): 1.º Premio: Candela Rodríguez Lema (1.º EP)
Accésit: Alejandra González Sáez (1.º EP)
E. Primaria (3.º e 4.º) 1.º premio: Miriam López Sánchez (4.º EP)



