Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

– Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

– O prazo de presentación será entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

– As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal/ co procedemento ED312C Estrutura e organización da proba:

a) Parte sociolingüística: – Lingua Castelá. – Lingua Galega. – Ciencias Sociais. b) Parte matemática: – Matemáticas. c) Parte científico-técnica: – Ciencias da Natureza. – Tecnoloxía.

– Realización da proba: As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 31 de maio de 2017

 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

– Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

– O prazo de presentación será entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

– As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.gal/ co procedemento ED312D Estrutura da proba: a) Parte común: – Lingua Galega. – Lingua Castelá. – Matemáticas. b) Parte específica.

– Organizarase con base en tres opcións, A, B e C, en función das familias profesionais e os ciclos formativos aos cales posibilita o acceso.

– A persoa aspirante deberá elixir unha das tres opcións no momento de formalizar a solicitude de inscrición para a proba, escollendo dúas das tres materias das cales desexe que se lle examine: – Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira (inglés ou francés), e Filosofía. – Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial, e Física. – Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química, e Bioloxía.

– As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2017 Máis información no DOG do 5 de xaneiro de 2017 e en www.edu.xunta.es/fp

 

Máis información: no Espazo Xove de Betanzos