Hoxe, os alumnos de 2º de Bacharelato defenderon os seus proxectos STEMbac.
Ashley R co seu traballo titulado “Mutando o xenoma dun eucariota” no que realizou un estudo no laboratorio da transformación dunha célula eucariota para facela resistente a un antibiótico e José María C coa montaxe e programación básica dun robot Ranger; ambos
proxectos da UDC
Así mesmo un terceiro proxecto da USC , presentado por Raúl P estivo centrado nas matemáticas que hai detrás do cubo de Rubik.
Felicitámolos pola súa constancia e polos obxectivos
acadados, así mesmo agradecemos aos profesores da Universidade, que titorizaron estes proxectos e aos que formaron parte do tribunal, a súa colaboración.









