Aquí tedes algúns dos traballos que elaboramos os rapaces de E. Primaria e ESO para celebrar o Samaín: cabazas, morcegos, caveiras, bruxas… Uuuuuu… que medo!!!!
«Samaín, Samaín: festa, diversión
tradición e globalización.
Festa ancestral e internacional.
Canto te ansío e… vaste de cotío! «
(Elena , Víctor, Lucía e Lorena, 3º ESO)
» Samaín é terror, horror, un conxunto de emocións
que nos leva ao descontrol e á pura desesperación.
Fagamos do Samaín unha honra ao noso pobo,
feito para asustar e para rir, feito para ser antigo e novo»
(Noelia, Sheila, Natalia e Inés, 3º ESO)
Aínda queda pendente a festa do magosto, que celebraremos o vindeiro 13 de novembro. Xa que logo… vai sendo hora de ir dentando as castañas, non si? Para ir abrindo boca, aquí tedes un poema sobre o magosto:
«Na fogueira dun día de outono
lembro cando non tiñamos sono,
recollendo as castañas na túa compaña
podo volver ver o que eles vían.
Vexo o lume da súa fogueira
onde os días pasados non tiñan présa,
transcorrían libres, preto da lareira,
mentres os nenos e os vellos comíanas na mesa».
(Andrea, Ana M., Yago M. e Nacho C., 3º ESO)