Tamara Castro Mosquera, de 3º ESO, fíxose cun accésit do V Concurso Literario do Concello de Betanzos, que levou como título «O segredo da avoa».
A entrega de premios tivo lugar no Liceo o domingo 17 de maio, festividade das Letras Galegas.
Con este concurso, o Concello trata de animar aos estudantes para que empreguen a nosa lingua como medio de expresión artística.
O EDLG de Atocha quere agradecer o esforzo a cantos alumnos participaron nesta edición.
A ver se, para a seguinte, sodes máis os alumnos que vos animades a darlle á lingua!
Polo momento….
… PARABENS, Tamara!!