Do 8 ao 11 de abril, trinta alumnos de 3º e 4º da ESO, acompañados por dúas profesoras, visitaron a capital de Francia.
Percorreron a cidade visitando Trocadero, Torre Eiffel, Campos Elíseos, Arco de Triunfo, Praza Vendôme, casa de Víctor Hugo, xardín das Tullerías, Les Invalides, Notre-Dame, museo do Louvre, universidade da Sorbona, Panteón, basílica do Sacre-Coeur, barrio de Montmartre e paseo en bateaux polo río Sena.
A preparación da viaxe comezara xa moito antes de partir, perfeccionando a lingua francesa, preparando os roteiros máis axeitados, planificando visitas aos monumentos, a roupa a levar…
Foron poucos pero emocionantes días, nos que todos viviron unha experiencia académica e persoal intensa… e inesquecible!
De paseo polos Champs Elyssées…