O alumnado de 1º de Bacharelato realizou un percorrido polo casco histórico de Betanzos, onde tivo a oportunidade de visitar as diferentes portas da vila, de analizar a relevancia dos Andrade e do inmenso patrimonio arquitectónico, descubrindo os pequenos recunchos e rúas nun longo paseo con néboa.
Os rapaces e rapazas amosaron interese coas súas preguntas nun pequeno intercambio de opinións sobre o pasado da vila e o mantemento do patrimonio, no descanso que fixemos nunha cafetería, antes de retomar as clases.