O venres, 15 de marzo, o alumnado de 2º ESO e 1º BAC, que está a realizar un traballo sobre as rúas adicadas aos gremios, ás mulleres e aos autores/-as literarios do s. XIX- XX. percorreu as rúas de Betanzos e visitou a Igrexa de San Francisco. Resultou unha actividade proveitosa, na que tiveron a oportunidade de achegarse máis ao noso patrimonio e de aprender sobre o rico pasado da vila.