Visita ao CIEC

Os alumnos de 2º de Bacharelato realizaron ,o 20 de decembro pasado,  unha saída didáctica ao Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos. Alí aprenderon a diferenciar as principais modalidades de estampación. Logo cada alumno realizou un tema sobre prancha de metal ( punta seca) para, tras pasar pola prensa, finalmente estampalo sobre papel.

Ademais este grupo puido coñecer un edificio modernista que pertence ao patrimonio histórico betanceiro.

Os alumnos disfrutaron moito con esta actividade.

 

IMG_1755

IMG_1753