Durante esta avaliación a alumna de Stembach Marta Veiga Roel visitou os laboratorios da
Facultade de Bioloxía da UDC, onde da man de Elvira Sahuquillo e Luisa Santos, titoras do seu
proxecto «Morfoloxía polínica de arbustos dos arredores do colexio», fixo unha extracción de
pole de plantas previamente recollidas e secadas por ela. Resultou unha tarde
verdadeiramente instrutiva e interesante, dende tódolos aspectos.