Dentro do proxecto de Centro «As pegadas do tempo», os alumnos de 1° e 2° de EP fixeron unha visita virtual ao Museo de Historia Natural de Ferrol na que coñeceron distintas especies animais que podemos atopar no Camiño de Santiago, así como os seus costumes, curiosidades… Así mesmo, aprenderon a identificar pegadas e outros indicios cos que poderán facer o seu propio «Caderno de Campo de Camiñantes».