O 12 de novembro tivo lugar en Santiago a X Xornada de Dinamización Lingüística organizada por «Escolas Católicas» e que contou coa presenza de Xosé Francisco Martínez Reboiras, Secretario Autonómico de FEREGA-CECA e de Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística.
Na xornada, a escritora e académica Fina Casalderrey foi homenaxeada por ser creadora de ilusión na literatura infantil e xuvenil.
A autora agradeceu á organización o importante pulo que supón o Premio Frei Martín Sarmiento, que ela coñece moi ben por telo gañado en varias ocasións.
Emocionouse especialmente cucha curtametraxe protagonizada por rapaces de distintos centros FEREGA.
A continuación desenvolveuse unha mesa redonda sobre «A muller na cultura galega» na que, xunto á homenaxeada, interviñeros María Solar (xornalista de Executivas de Galicia) e Engracia Vidal (profesora e fundadora da revista Encrucillada de pensamiento cristián), quen aportaron cadansúa visión profesional sobre o pasado e o presente da muller na sociedade.