XELA ARIAS – LETRAS GALEGAS 2021

Hoxe, homenaxeamos no Día das Letras Galegas, a unha muller única, Xela Arias, POETA, mestra, tradutora, editora…

Todo o alumnado traballou sobre a súa vida e obra, desde diferentes perspectivas, con conferencias, buscas na rede, debuxos, autodefinidos, cartelas, lecturas, recitados… Descubrimos entre todos un pouco a Xela, da que seguro queda aínda moito por coñecer, pois non está toda a súa obra publicada.

Xela Arias, marchou demasiado cedo, mais deulle tempo a deixarnos un labor intenso e diverso a prol da nosa cultura e lingua.

 

“Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo”

Intempériome, Xela Arias