1º e 2º de Bacharelato visitaron o HOTEL PALACETE o 27 de novembro.
O filántropo D. Manuel Naveira morreu antes de ver construído un asilo de beneficencia para a súa vila, pero no seu testamento deixará financiamento dabondo para que, hai xa 100 anos, puideran comezar as obras. Será o prestixioso arquitecto D. Pedro Ramiro Mariño, o mesmo que deseñara o pazo municipal da Coruña, quen leve a cabo o soño de Don Manuel.
Logo de moitos anos de abandono, o edficio volve recuperar o esplendor do estilo modernista reconvertido en hotel. Unha iniciativa empresarial que hoxe contribúe á conservación do patrimonio histórico-artístico, xenera emprego e dinamiza o turismo da vila.
A visita de Bacharelato tivo como finalidade coñecer a fondo a xestión dunha empresa de hostalería, neste caso, dunha pyme local.
Agradecemos ao Hotel Palacete esta interesante iniciativa de abrirse á contorna
e contribuír á formación de futuros emprendedores.
Ana López, responsable comercial, ensinando as instalacións
Os alumnos levaron preguntas preparadas
Foi una clase de Economía práctica de como se xestiona unha empresa de hostalería: tipo de sociedade, reservas e rexistros, clientela, ofertas, servizos, financiación, selección de persoal… Ai, que importante é dominar linguas!
Ademais houbo tempo para todo:
Para… pasear (a pé ou en ascensor)
Para… descansar
Para… non perder detalle
Para… afianzar vellas amizades
Para… cambiar impresións
E… para escoitar boa música
Andrea devolvendo a vida ao antigo piano do vestíbulo. Unha artista!
ARTE e EMPRESA combinaron de marabilla!