Igual que en anteriores edicións, os nosos alumnos participaron no XXI “Día da Ciencia na Rúa” o 7 de maio no Parque de Santa Margarida da Coruña. Este ano non só levaron proxectos propios, senón tamén algúns dos que resultaran elixidos na Feira Científica e Tecnolóxica que organizou o noso centro días antes. Animamos asi aos rapaces a seguir por este camiño, pois experimentar é a mellor maneira de aprender e, de paso, divertirse.
Grazas a todos os participantes e… contamos convosco en próximas edicións!